Compañía

Torta Torta é unha compañía de teatro, o lugar que atopan Ailén Kendelman e Areta Bolado para contar o que queren e do xeito que lles gusta.

En galego torta é non ir dereita, estar torcida, tamén temos retorta, que é ser revirada. Se preguntas en castelán, vén sendo unha lapada. Se es latina, unha bollera. E xa se sabe que en todos os lados, a falta de pan…

Estas dúas recoñecidas teatreiras galegas continúan a súa traxectoria de creación en común mesturando música, teatro e humor acedo e reivindicativo. No seu camiño artístico recibiron máis dunha vintena de premios, xuntas e por separado, que distinguen o seu labor no teatro, o seu bo facer na música e o seu compromiso coa igualdade e os dereitos LGBTIQ+.

2013

Primeiro premio Xuventude Crea
(Teatro) / Pan!Pan! / A Panadaría

2015

Premios da Crítica Galicia (Artes Escénicas e Audiovisuais) / Pan!Pan! / A Panadaría

Premio María Casares a mellor actriz secundaria (Areta Bolado) / Pan!Pan! / A Panadaría

Nomeamento Premios María Casares a mellor música orixinal / Pan!Pan! / A Panadaría

2016

Nomeamento Premios María Casares a mellor texto orixinal / Panamericana / A Panadaría

Nomeamento Premios María Casares a mellor vestiario / Panamericana / A Panadaría

Nomeamento Premios María Casares a mellor actriz secundaria (Areta Bolado) / Panamericana / A Panadaría

2017

Premio Luísa Villalta a proxectos culturais pola igualdade / Elisa e Marcela / A Panadaría

Premio Martín Códax de música de verbena / Conxunto Internacional Áureas

2018

Premio María Casares a mellor espectáculo
Elisa e Marcela / A Panadaría

Premio María Casares a mellor texto orixinal
(A Panadaría e Gena Baamonde) / Elisa e Marcela / A Panadaría

Premio María Casares a mellor actriz protagonista (Areta Bolado) / Elisa e Marcela / A Panadaría

Premio María Casares a mellor dirección (Gena Baamonde) / Elisa e Marcela / A Panadaría

Premio Marcela e Elisa da Asociación ALAS / Elisa e Marcela / A Panadaría

Premio FETEGA a mellor actriz (Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman) / Elisa e Marcela / A Panadaría

Premio FETEGA a mellor espectáculo / Elisa e Marcela / A Panadaría

Premio do Público da Mostra Internacional de Ribadavia / Elisa e Marcela / A Panadaría

Nomeamento Premios María Casares a mellor actriz secundaria (Ailén Kendelman) / Elisa e Marcela / A Panadaría

Nomeamento Premios María Casares a mellor música orixinal (Ailén Kendelman) / Elisa e Marcela / A Panadaría

Nomeamento Premios María Casares a mellor actriz secundaria (Areta Bolado) / Soño dunha noite de verán / Voadora

2020

Premio Las Horas do Festival de Cine LGBT de Extremadura / Elisa e Marcela / A Panadaría

2021

Premio Pluma da FELGTBI+ / A Panadaría

2022

Premio do Público na Mostra de Teatro Galego de Cariño / As que limpan / A Panadaría

Premio a mellor espectáculo de sala na Feira de Teatro de Castela e León / As que limpan / A Panadaría

Premio María Casares a mellor música orixinal (Ailén Kendelman) / A cazola de Lola / Tanxarina

2023

Premio María Casares a mellor espectáculo / As que limpan / A Panadaría

Premio María Casares a mellor dirección / As que limpan / A Panadaría

Premio María Casares a mellor texto orixinal / As que limpan / A Panadaría

2025

Premio Xiria ao labor teatral da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas / A Panadaría

Recoñecemento ao labor transformador nas artes escénicas de Escena Galega / A Panadaría

Premio Xograresa de Outono do FIOT de Carballo / Areta Bolado

ARETA BOLADO

O Porriño, 1985. Actriz, dramaturga, directora, pedagoga e distribuidora.

Areta actuou, escribiu e dirixiu espectáculos multipremiados como Elisa e Marcela (A Panadaría) e As que limpan (Centro Dramático Nacional e A Panadaría) e participou, como intérprete, en montaxes como Soño dunha noite de verán (Voadora – Marta Pazos), Neorretranca e Posmorriña (Centro Dramático Galego) ou Somos os monstros (Berrobambán e Terra Amarela). No eido musical, é letrista de proxectos como Triloxía da graxa ou Unha señora orquestra e directora de escena do Conxunto Internacional Áureas (premio mellor música de verbena nos Premios Martín Códax 2017).

Diplomada en Maxisterio de Educación Primaria (UVigo), titulada na especialidade de Interpretación Textual (ESAD Galicia) e en Especialista en Dobraxe (Uvigo), recibe o premio María Casares a mellor actriz secundaria en 2015 por PAN! PAN!, o premio María Casares a mellor actriz protagonista e o premio FETEGA a mellor actriz en 2018 por Elisa e Marcela e, en 2025, o Premio Xograresa de Outono do FIOT de Carballo.

En Torta Torta, ademais de actriz, é impulsora de proxectos, coordinadora de actividades pedagóxicas e realiza labores de distribución en Galicia e Portugal.

AILÉN KENDELMAN

Buenos Aires, 1989. Actriz, multiinstrumentista, compositora, dramaturga, directora e produtora.

Ailén foi cocreadora, compositora e actriz de espectáculos multipremiados como Elisa e Marcela (A Panadaría) e As que limpan (Centro Dramático Nacional e A Panadaría) e participou, como actriz e música, en proxectos como Ris, ras, de Baobab Teatro, e As laranxas máis laranxas de todas as laranxas, do Centro Dramático Galego.

Ademais, foi compositora de toda a música de A Panadaría (PAN!PAN!, Panamericana, Elisa e Marcela, As que limpan) e creadora, arranxadora, instrumentista e cantante en diversos proxectos musicais como o Conxunto Internacional Áureas (premio mellor música de verbena nos Premios Martín Códax 2017), Triloxía da graxa ou Unha señora orquestra. Forma parte do trío de Sofía Espiñeira e da banda de MJ Pérez.

Titulada na especialidade de Interpretación Xestual (ESAD Galicia), ten o Grao Profesional de Percusión e conta cunha ampla e diversa formación musical. Recibiu o premio FETEGA a mellor interpretación en 2018 (Elisa e Marcela) ou o premio María Casares a mellor música orixinal en 2022 pola súa banda sonora orixinal para A Cazola de Lola, de Tanxarina.

En Torta Torta, ademais de compositora, actriz e creadora de proxectos, é a responsable da área de produción e xestión.