Manchas de sangue

Por que hai sangue que dá noxo e se oculta con vergonza e hai outro honorable, o dos heroes de guerra, que fai que se alcen monumentos? Manchas de sangue é unha farsa teatral que mestura a violencia delirante das películas de acción coa música provocadora do cabaré, os anuncios publicitarios “cuquis” e as viaxes no tempo, para falarmos con humor e rigor sobre como as nosas perrechas e os nosos fluídos foron un tema interesantísimo para señores da relixión e a ciencia durante moitos séculos.

Un espectáculo menstrual que lles vai encantar aos toureiros, vampiros e outros amantes do sangue.

Ficha artística:

Idea orixinal: Areta Bolado
Creación e interpretación: Ailén Kendelman e Areta Bolado
Música e espazo sonoro: Ailén Kendelman
Asesoría lingüística: Rosa Moledo
Acompañamento na documentación: Núria Cano, Martina G. Veiga, Mar Gómez e Carol Strate