Unha señora orquestra
Unha señora orquestra é o proxecto de muller orquestra que presenta a música e actriz Ailén Kendelman. Unha proposta singular na que a artista acciona varios instrumentos a través dun curioso sistema de mecanismos, cordas e roldanas cos que interpreta con habilidade ritmos galegos, músicas do leste e folclore latinoamericano. O público que entra no mundo de Unha señora orquestra forma parte dun espectáculo cheo de humor e tenrura, move o esqueleto con temas bailables e chalados, canta con ela as súas letras reivindicativas e un chisco picantes. Nestes tempos onde impera a “multitarefa” e a intelixencia artificial ameaza con gobernalo todo, poucas cousas hai tan contemporáneas e nostálxicas como un encontro con esta muller orquestra.
Ficha artística:
Voz, acordeón, bombo, caixa, pratos, aerófonos, composición musical e cocreación: Ailén Kendelman.
Letras e cocreación: Areta Bolado.
Construción do trebello musical: Xosé Tunhas.
Mellora de sistemas e amarres: Elena Ferro.
Creación do paraugas-frauta: Xavi Lozano.
Asesoría lingüística: Rosa Moledo.
Asesoría vocal: Nastasia Zürcher.
Asesoría acordeón: Marcos Padrón.
Asesoría musical: María A. Velasco.
Imaxe gráfica: Greta Debelius.
Distribución: Ángela Vila (Urdime).