Triloxía da graxa
Texto e composición musical conxunta arredor da gordofobia e a violencia estética que compoñen o EP Triloxía da graxa. Creamos estas tres cancións despois do convite de Andrea Nunes (poeta) e Leticia Citoula (activista) para participar no libro coral Razóns de Peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas. A obra procura romper os estereotipos e prexuízos contra as persoas gordas, denunciar as violencias ás cales son sometidas, ao tempo que empodera e contribúe á creación de comunidade e sentimento de pertenza coa reivindicación alegre.
Sento ao carón dunha tal Teresa
Que cunha mirada xa me mide e xa me pesa
Estiro do cinto para abrochalo
vou máis apertada que un rotti de pavo
Ai, que dolor, este cinto de avión
vou máis embutida que un salchichón
Ai, que ardor, este cinto de avión
vou máis empaquetada que Tutankamón
É posible acceder ás cancións seguindo o QR que inclúe o libro para escoitalas, cantalas e poñerte a danzar cuberta do brilli brilli máis refulxente, o da suor das carnes.
https://catroventos.gal/produto/razons-de-peso-desbordamentos-desexos-e-outras-incomodidades-gordas/
Ficha artística:
Composición musical, percusións, ukelele e voz: Ailén Kendelman
Letras e voz: Areta Bolado
Gravación e mestura: Peter Petrowski
Guitarra e baixo (Bachata gorda): María A. Velasco
Produción musical (Cinto de avión): Peter Petrowski